Cáritas advirte: "Moita xente non accede as axudas sociais da Xunta porque ten que pagar en negro"

O director diocesano advirte contra a inflación e a subida dos alugueres, que golpea con "especial contundencia a quen menos ten".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2022 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

Cáritas atendeu a un total de 40.557 persoas durante o ano 2021 na Diocese de Santiago de Compostela. A maioría, o 55,6%, foron mulleres e os 44,4% restantes, homes, o que mostra un cambio de tendencia con respecto a anos anteriores nos que o número de homes era superior.

Tamén unha ampla maioría dos beneficiarios, o 58,37%, tiñan nacionalidade española, mentres que o 38,75% eran estranxeiros de fóra da Unión Europea e o 4,4%, de dentro do espazo comunitario.

Son datos recolleitos na memoria anual da organización presentada este mércores polo director diocesano, Anuncio Mouriño, nunha rolda de prensa na que tamén participaron o responsable de Comunicación, Javier García, e o delegado episcopal, Jesús García.

Ademais, obsérvase unha variación en canto á idade dos atendidos por Cáritas, xa que a franxa máis importante representárona persoas entre 36 e 65 anos (44%), fronte aos de 13 a 25 anos (14%). Do mesmo xeito, os maiores de 66 foron o 5,5% e os menores de 12 a 17, o 13,2%.

En canto ao perfil socioeconómico, a maioría son persoas sen ingresos (64,2%), seguidas das que perciben algún tipo de pensión ou prestación (21,31%), mentres que en torno ao 7,9% teñen unha nómina. Os fogares dunha parella con fillos foron o 26,81%, os dunha persoa que vive soa é o 22,29% e os monoparentais --principalmente unha muller cos seus nenos--, o 15,14%.

Tal e como explicou Mouriño, Cáritas Diocesana en Santiago de Compostela tivo uns ingresos totais en 2021 de 7.396.076 euros e uns gastos de 6.650.452, polo que o resultado foi positivo en máis de 740.000 euros grazas a un aumento dos fondos recibidos e unha "contención do gasto", que diminuíu un 7%, segundo recolle a memoria en base a unha auditoría sobre as contas anuais.

"PREOCUPADOS" POLA INFLACIÓN

O director diocesano aproveitou a rolda de prensa para advertir do aumento das dificultades que atenden desde a irrupción da pandemia da covid-19 e a crise enerxética. Neste sentido, puxo o foco na subida do IPC e dos alugueres, polo que se mostraron "moi preocuados" polo que denominaron unha "treboada perfecta".

Así, Mouriño sinalou que a inflación golpea con "especial contundencia a quen menos teñen" e "sempre pagan os mesmos", porque "os que están arriba teñen un paraugas ou un teito que lles abriga". Do mesmo xeito, denunciou que "moita xente este inverno non puido acender a calefacción".

"UNHA BARBARIDADE" DE GASTO EN ALUGUERES

Cáritas Diocesana calcula que, en todo 2021, gastou ao redor de 468.000 euros en axudar ao pago de alugueres e sobre 106.000 en facturas da electricidade, "unha barbaridade". Mouriño saudou que as administracións, como a Xunta co seu 'Bono de Alugueiro Social', teñan apoios neste sentido, pero advertiu que moitas persoas non poden acceder a eles porque "non teñen papeis" do contrato e pagan "en negro".

EXPECTATIVAS PARA 2022

A preguntas dos medios sobre se se prevé un aumento das persoas atendidas para 2022, Mouriño sinalou que hai "moitos factores" que poden influír, pero si reivindicou que desde a crise sanitaria "as colectas incrementáronse". "A xente foi moi xenerosa", agradeceu.

Ademais, calculou que Cáritas Diocesana de Santiago investirá sobre 100.000 euros este ano en atender a refuxiados pola guerra en Ucraína, que en gran parte son "xente que non ten recursos nin niguna axuda oficial".ego.

O responsable de Comunicación de Cáritas Santiago, Javier García, o delegado diocesano, Jesús García, e o director diocesano, Anuncio Mouriño, presentan a memoria anual do 2021.
O responsable de Comunicación de Cáritas Santiago, Javier García, o delegado diocesano, Jesús García, e o director diocesano, Anuncio Mouriño, presentan a memoria anual do 2021. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta