Produtores de pataca e cereal de Ourense preparan un paro comarcal ante a suba de custos

UU.AA. destaca que 27.000 gandeiros que non reclamaron contra o cártel lácteo aínda poden facelo ata 2024.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2022 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, avanzou que os produtores de pataca e cereal preparan un paro comarcal en Ourense debido á subida de custos e a imposibilidade de repercutir eses gastos. En rolda de prensa este xoves, informou que estes produtores preparan un paro "de forma inmediata" que se poderá coñecer en "próximos días" debido á súa falta de marxe de beneficios.

Remarca que a bonificación de 20 céntimos por litro de combustible "non resultou operativa" debido a que as "distribuidoras terminaron acaparando eses 20 céntimos". Por iso, chama a controlar o "beneficio indecente" que "pouco ten que ver co incremento do barril Brent" e apunta ás petroleiras e ás "catro compañías bandeiras de distribución".

O responsable de Unións Agrarias lamenta que o prezo do gasóleo agrario se duplicou no último ano, e, aínda que o sector conta con bonificación, considérao "claramente insuficiente".

Patacas galegas nun campo de cultivo.. XUNTA - Arquivo
Patacas galegas nun campo de cultivo.. XUNTA - Arquivo

CÁRTEL LÁCTEO

García informou, así mesmo, de que 27.000 gandeiros que aínda non presentaron reclamación contra o cártel lácteo --industrias que pactaron prezos entre 2000 e 2013, segundo Competencia-- aínda poden facelo ata o 11 de xullo de 2024.

Así o expuxo por mor dunha resolución, coñecida o pasado martes, do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, na que responde varias cuestións prexudiciais da Audiencia Provincial de León en relación co cártel dos camións, polo cal "incide noutro tipo de cárteles en base á directiva comunitaria", segundo sostén García.

Isto abre a porta a que o prazo de reclamación pase dun ano a cinco, é dicir, ata xullo de 2024 no caso do lácteo. Ademais, indica que se faculta aos xuíces a fixar as porcentaxes correspondentes sobre o dano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta