110 nenos saharauís pasarán o verán en Galicia co programa 'Vacacións en paz'

Este programa volve despois de dous anos de parón pola pandemia.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/06/2022 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

A Xunta deu este xoves luz verde ao convenio coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) para volver desenvolver o programa 'Vacacións en paz', polo que 110 nenos saharauís pasarán o verán en casas de acollida en Galicia.

Crianzas saharauís
Crianzas saharauís | Fonte: mrnmagazine.com

Tal e como destacou o presidente galego, Alfonso Rueda, ao termo da reunión semanal do seu Goberno, este programa volve despois de dous anos de parón, xa que non se puido desenvolver nin en 2020 nin en 2021 debido á pandemia da covid-19, aínda que a Xunta mantivo a contía do acordo para poder enviar alimentos e asistencia sanitaria aos campamentos de refuxiados en Tinduf (Alxeria).

Ademais, Rueda subliñou que a Administración galega anticipará a totalidade dos fondos á asociación para que non teña que asumir "ningún tipo de custo" na organización dos desprazamentos dos nenos.

O presidente da Xunta agradeceu a volta de 'Vacacións en paz' porque permitirá que os menores, ademais de coñecer "a cultura e a solidariedade" de Galicia, poderán vivir un verán fóra destes campamentos con condicións meteorolóxicas "complicadas", onde as temperaturas "chegan aos 50 graos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta