O acusado de abusar dunha menor en Pazos de Borbén: "Penso que estaba namorada de min"

Di que o a menor a que quixo ter relacións sexuais con el e que el a "apartou".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 01/07/2022 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

O acusado de abusar sexualmente dunha menor en Pazos de Borbén declarou este venres ante a sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, onde negou manter relacións coa nena, que por aquel entón tiña uns 14 anos, e asegurou que foi ela a que lle propuxo ter relacións íntimas, pero el apartouna.

Os feitos ocorrerían entre 2018 e 2019, cando o home tiña uns 30 anos de idade e mantiña unha relación de amizade coa menor, que era filla dun amigo do acusado. Con todo, nunha ocasión foi a soas con ela a unha casa deshabitada en Pazos de Borbén, onde gardaba mobles antigos, e alí, segundo a acusación, abusaría da menor.

Por todo iso, Fiscalía pide 10 anos de prisión para o acusado por un delito de abuso sexual con acceso carnal sobre menor de 16 anos. Ademais, solicita 16 anos de afastamento sobre a vítima e o pago dunha indemnización de 6.000 euros por danos morais.

Na súa declaración, o home recoñeceu ter ido con ela ata dita casa de Pazos de Borbén a buscar pezas para un coche e asegurou que ela lle dixo que quería manter relacións sexuais con el, polo que a apartou. Ademais, o acusado indicou que a moza quedou "decepcionada" ao negarse a manter relacións sexuais, aínda que continuaron tendo relación de amizade pero "máis distante". "Penso que estaba namorada de min", subliñou.

O acusado de agresión sexual a unha menor no xuízo deste venres.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
O acusado de agresión sexual a unha menor no xuízo deste venres.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

GRAVACIÓN

Durante o xuízo, a fiscal reproduciu unha gravación dunha conversación telefónica entre a vítima e o acusado, na cal a moza pedía ao home que lle dixese ao seu pai que a chantaxeara para que mantivese relacións sexuais.

No mesmo audio, ela aseguraba estar "mal". "Estou a axudarche e ti non. Vou contarlle todo a Tania (muller do acusado) e xa está. Non vou estar eu sempre dando, quen está mal son eu. Colliches, arramblaste con todo o teu e á túa vida, tiveches unha filla. Eu cargando con toda a merda, con todo o que tiven que pasar. Tenteime suicidar. Ti segues á túa puta vida e non é así", púidose escoitar no audio.

Preguntado sobre se consideraba que os acontecementos da súa vida privada influíran na historia, o acusado indicou que foi no momento que anunciou que se ía a casar coa súa muller cando o denunciaron, a pesar de que polo menos uns 10 meses antes o pai da nena xa o acusou de abusar da súa filla. A declaración da menor, que cumpriu hai unhas semanas xa 18 anos, realizouse a porta pechada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta