Os irmandiños volven a Moeche

Esta fin de semana terá lugar o asalto do Castelo de Moeche polo exército popular Irmandiño.

Por GC Tendencias | Moeche | 19/08/2014 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Xa van 35 edicións dunha festa que ano tras ano xunta a máis visitantes. É o asalto ao castelo medieval de Moeche polo exército dos irmandiños. Será os días 22 e 23 de agosto.

Iluminación do castelo de Moeche
Iluminación do castelo de Moeche

Varias xeracións contemplan esta inagotábel guerra na que a música, a cultura, a tradición e a historia se converten en armas reivindicativas do propio.  Este ano, ademais das exposicións do castelo, as foliadas populares do venres e a intervención de Isa Risco coa súa "Nabiza Girl", haberá un impresionante festival o sábado co asalto infantil ao castelo, os xogos populares no campo do festival, e no apartado musical unha representación espectacular, co grupo de gaitas do padroado de cultura de Narón con máis de trinta persoas no escenario, o grupo da violinista Begoña Riobó, Susana Seivane e A Requinta da Laxeira.

E polo medio, como non podía faltar, o xa tradicional asalto, coa arenga ás teopas do presidente dos xornalistas ferroláns Man Castro e a iluminación a cargo da empresa DalleQlibras que se encarga tamén do son e iluminación do festival.

Asalto irmandiño ao castelo de Moeche
Asalto irmandiño ao castelo de Moeche
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta