Ourense pedirá sinalizar e mesmo limitar o acceso na zona de Velle, onde afogou un mozo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2022 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense poñerase en contacto coas administracións, organismos e empresas responsables da zona de baño do encoro de Velle para que instalen paneis preventivos, se controle e limite o acceso e se coloquen barreiras físicas.

Así mesmo, contactará para pedir que, se é necesario, se retiren os pantaláns o máis rápido que sexa posible para evitar "máis desgrazas" como o afogamento do mozo de orixe africana que tivo lugar esta semana na zona.

A Concellaría de Seguridade Cidadá lembrou que "carece de responsabilidade ningunha" sobre as inmediacións das instalacións da central hidroeléctrica de Velle, "non sendo a seguridade das instalacións e a contorna do río competencia municipal".

Ademais, a concellaría defende que a resposta e o operativo ante este "desafortunado acontecemento", tanto por parte da Policía Local como por parte dos Bombeiros foi "encomiable", como "ben quedaron rexistrados nos servizos de emerxencias e nos diferentes informes", sinala.

O Miño no encoro de Velle, cheo por mor dos temporais
O Miño no encoro de Velle, cheo por mor dos temporais

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta