Xa tes entradas para a MIT 2022?

O festival desenvolverase do 15 ao 24 de xullo aínda que os días 13 e 14 haberá xa actividades previas. Aquí podes acceder ao programa completo desta edición e á web onde se poden reservar entradas.

Por Galicia Confidencial | Ribadavia | 11/07/2022 | Actualizada ás 22:35

Comparte esta noticia

A unha semana da inauguración da 38 edición da MIT de Ribadavia, dende a organización lembran que xa se poden mercar entradas na sede do festival, na entrada da Praza Maior de Ribadavia, en horario de 10:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 20:30 h. 

Público no MIT de Ribadavia. Foto: MIT
Público no MIT de Ribadavia. Foto: MIT

Tamén, para quen o desexe, existe a posibilide de acceder á compra online de entradas na seguite páxina web: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/minisite/100

Antes da inauguración, que será o venres 15, haberá dous días preMIT.  O día 13 no que haberá unha actuación do teatro afeccionado, Teatro do Vilar, con O meu Toc, dirixidos polo actor Jouse García. A función será ás 23:00 h. no Castelo. O xoves 14 terá lugar a presentación do libro Profetas, de Ernesto Is. Será ás 21:00 h. na Casa do Concello de Ribadavia.

AFOROS SEN RESTRICCIÓNS

A MIT 2022 comezará oficialmente o día 15, xornada inaugural que contará coa presenza de autoridades e na que se procederá á entrega dos Premios de Honra e Abrente. Tamén haberá un concerto a cargo da artista galega Sheyla Patricia ás 20:30 h. na Igrexa da Madalena.

Este ano a MIT conta con todas as gradas equipadas con butaca e aforos completos, así como con espectáculos de pago e de entrada libre en diferentes espazos ao aire libre.

PROGRAMA completo.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta