A nova folga en Ryanair non afectará ao aeroporto de Santiago

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 12/07/2022 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

A primeira xornada da segunda convocatoria de folga para os tripulantes de cabina de pasaxeiros (TCP) españois de Ryanair provocou ata as 11,00 horas deste martes 13 cancelacións e 76 atrasos nos aeroportos onde Ryanair ten bases, aínda que ningunha destas incidencias afectou á terminal de Santiago.

As cancelacións afectan a unha ruta en Valencia; dez voos en Barcelona, ida e volta, e a ruta Madrid-Palma de Mallorca, ida e volta, segundo informou o sindicato USO. En canto aos atrasos, os aeródromos máis afectados son El Prat, con 9 chegadas e 9 saídas atrasadas, e o de Palma, con cinco saídas e 13 chegadas. Séguenlle o de Málaga e Madrid (8 atrasos), Valencia e Alacante (7 atrasos) e Xirona, con catro atrasos.

De momento, os aeroportos de Santiago de Compostela, Sevilla e Eivissa non se viron afectados, aínda que este último se sufriu a cancelación dos voos con Barcelona.

O Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago recibe os primeiros voos internacionais.
O Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago recibe os primeiros voos internacionais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta