Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2022 | Actualizada ás 17:07
A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de catro anos e medio de cárcere imposto pola Audiencia Provincial da Coruña a un acusado de golpear ao seu veciño cunha barra de ferro en Noia.
Nun fallo con data do 8 de xullo e do que informou este martes o TSXG, os maxistrados desestiman o recurso do investigado e consideran probado, do mesmo xeito que o tribunal de primeira instancia, que en novembro de 2018 golpeou varias veces coa barra de ferro á vítima, que acudira ao seu domicilio para recriminarlle uns comentarios que fixera a uns veciños sobre el.
A relación entre ambos, segundo o fallo xudicial, non era boa. Ambos mantiveron unha discusión, ao final da cal se produciu a agresión. Ademais da pena de prisión, o tribunal impúxolle o abono dunha indemnización de 24.932 euros á vítima polas lesións e secuelas que sofre.
O TSXG subliña que comparte os criterios da sentenza apelada, á vez que destaca que a versión alternativa aos feitos que pretende dar o acusado "non se sostén nin ante a versión da vítima nin ante o informe do médico forense".
A Sala aceptou, do mesmo xeito que a Audiencia, que o recorrente golpeou "sorpresiva e por detrás" ao seu veciño, "servíndose dunha barra de ferro, cualificada para causar grave dano", polo que confirma a existencia da agravante de aleivosía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.