Por Europa Press / Redacción | Vigo | 13/07/2022 | Actualizada ás 09:56
Galicia viviu outra noite tropical de altas temperaturas, que en moitos puntos non baixaron dos 25 graos, valores que aumentaron cos primeiros raios de luz doutra xornada na que esperan valores extremos.
Así, segundo os datos de Meteogalicia, a maioría do territorio galego tivo temperaturas por encima dos 20 graos durante a madrugada. Só A Mariña, o interior da provincia de Lugo e algunhas zonas da Coruña, fundametalmente a comarca de Bergantiños, escaparon da calor nocturna con valores roldando os 15 graos.
E é que as temperaturas de entre 20 e 30 graos foron a tónica xeral durante a noite. A área de Vigo, especialmente nas zonas de interior, foi un dos puntos máis calorosos da madrugada cos termómetros ao redor dos 30 graos.
Así as cousas, os galegos prepáranse para outro día de intensa calor que amenceu con puntos nos que xa se superaron os 30 graos pasadas as 09,00 horas. Do mesmo xeito que o martes, o medidor de Meteogalicia en Lira --Carnota (A Coruña)-- marcou a máxima a primeira da mañá con 33,4 graos centígrados ás 09,20 horas.
Cuntis (Pontevedra), Lousame (A Coruña) ou Poio (Pontevedra), tamén pasaban os 32 graos ao arranque deste martes, no que se esperan máximas roldando os 40 graos en moitos puntos e con picos de ata 43 graos na provincia de Ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.