Tempo tolo en Galicia: treboadas deixan case 5.000 raios e choiva torrencial en Ourense e sur de Lugo

A temperatura máis alta de galicia foi en Ourense, con 44º.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 14/07/2022 | Actualizada ás 21:53

Comparte esta noticia

As treboadas rexistradas no marco da onda de calor con temperaturas extremas que vive todo o país deixou miles de raios nas últimas horas en Galicia, así como episodios de choivas torrenciais.

En concreto, no seu perfil de Twitter, Meteogalicia informou de episodios de choiva torrencial sobre Ourense e tamén no sur de Lugo; aínda que as treboadas afectan a gran parte do territorio galego.

De feito, segundo as medicións do instituto meteorolóxico galego, nesta xornada e, de forma acusada nas últimas horas da tarde, rexistráronse ata o momento uns 4.553 raios.

Ás treboadas e episodios de choiva precedéronlle elevadas temperaturas, sendo a máis alta, de 44 graos, rexistrada na cidade de Ourense, que alcanzou un novo pico histórico. Pero todo o territorio experimentou elevadas temperaturas, sendo aínda máis acusadas na provincia de Ourense, tamén a máis afectada polo momento os incendios.

Datos de medición de Meteogalicia.. METEOGALICIA
Datos de medición de Meteogalicia.. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta