A Audiencia revoga a sentenza aos condenados por ocupar a Casa Cornide e decreta a libre absolución

Foran condenados a pagar unha multa de 180 euros por cada unha das oito persoas que subiron a través dunha escaleira ao balcón, propiedade dos Franco, en setembro de 2017, durante unha protesta.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 19/07/2022 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña revogou, tras estimar un recurso presentado polos afectados, a sentenza que ditou en febreiro de 2021 o Xulgado de Instrución número 4 da Coruña na que condenaba a pagar unha multa de 180 euros a cada unha das oito persoas que subiron a través dunha escaleira ao balcón da Casa Cornide, propiedade do Franco, en setembro de 2017, durante unha protesta.

Activistas e militantes do BNG condenados a pagar 180 euros pola protesta realizada na Casa Cornide para pedir a súa devolución
Activistas e militantes do BNG condenados a pagar 180 euros pola protesta realizada na Casa Cornide para pedir a súa devolución | Fonte: M. DYLAN - Arquivo.

O xuíz, consideraba os oito dos '9 de Cornide', activistas vinculados ao BNG, autores dun delito leve de coaccións e absolvía un dos acusados ao considerar que non se acreditaba que accedese á vivenda. Os condenados, segundo a sentenza, permaneceron uns 50 minutos no balcón desde que foron requiridos por un axente da Policía Nacional para que baixasen. Entendía, así mesmo, que os condenados utilizaron durante a reivindicación "medios indebidos e limitantes, cando non directamente ofensivos, dos lexítimos dereitos de terceiros".

E dos nove xulgados, só absolvía a un que na vista declarou que non se subiu ao balcón e que se limitou a axudar aos demais a baixar cando apareceu unha escaleira. Todos eles situaron a protesta dese día nunha "acción simbólica" fronte a un "espolio", sostiveron ao reclamar a devolución ao patrimonio público do inmoble.

Agora, o fallo xudicial da Audiencia, con data de 15 de xullo de 2022, decreta a libre absolución de todos eles. O fallo incide na liberdade de expresión e no carácter simbólico da actuación.

"Orgullosos" da acción, os '9 de Cornide' trasladaron a súa "satisfacción" por este fallo xudicial que considera que lles dá razón cando, no seu día, defenderon que a acción foi "un acto de libre expresión fronte á inxustiza que supón que os Franco sigan ostentando a propiedade deste ben, que debe ser público".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta