Avanzan as propostas da “marea” en Lugo e A Coruña

Asinantes do manifesto Somos Maioría analizarán a presentación dunha lista conxunta en Lugo. Tamén o equipo de base coruñés do Partido Humanista apoia a 'Marea Atlántica'.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/08/2014 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

A posibilidade de presentar listas conxuntas entre forzas nacionalistas e de esquerda avanza en Galicia. Así, ás propostas de pactos que xurdiron na Coruña, Vigo, Compostela, Ferrol ou Ourense, súmase agora Lugo.

Protesta dos afectados polas preferentes conflúe coa marea cívica
Protesta dos afectados polas preferentes conflúe coa marea cívica | Fonte: masacorunnesa twitter

De feito, persoas asinantes de Somos Maioría de Lugo reuniranse para ver de promover unha candidatura de unidade cidadán en Lugo. Nesta xuntanza, en réxime de autoconvocatoria trataríase de lanzar unha marea en Lugo, ao abeiro dos principios do Manifesto Somos Maioría.

Así, os obxectivos serían promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, “subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación”. Tamén, “poromover e alentar e candidaturas cidadáns plurais a partir do protagonismo directo da cidadanía, coa procura da harmonía de principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego”.

Apoio do Partido Humanista

Por outra banda, o equipo base na Coruña do Partido Humanista, apoiou por unanimidade o seu apoio á Marea Atlántica da Coruña. “Sabemos que só da converxencia da diversidade xorden respostas que avanzan cara á superación da dor e o sufrimento. Sabemos que calquera avance xurdirá da implementación de novas formas baseadas en novos valores. Sabemos que a non discriminación, a igualdade de oportunidades, a toma de decisións por parte de todos e a non violencia son antítese dos valores e formas da actual época, que se acaba e está en crise”, apunta esta formación nun comunicado.

Por iso, animan a amigos e simpatizantes a participar nesta iniciativa, “baseada na democracia directa, extremando garantías de respecto ás minorías e efectivizando o principio de igualdade de dereitos e oportunidades para todos”.

O Partido Humanista destaca que, para que esta unidade de acción funcione hai que asumir a “renovación permanente das institucións xurídicas e políticas, baseada na idea de superación do vello polo novo” e tamén aplicando maior “transparencia dos procedementos políticos usados”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

17 Ommm

Ommmm a secta Humanista bendice a marea de Mario Lopez Rico e Felipe Diez que veñen "renovar" a politica coruñesa. Ommmm. So lles falta chamar sectarios aos que non a apoien

16 Marea Girot

Os dous dos máximos responsables de Intermodes, Nathalie Leclerc e François Girot chegan de marea a Pontevedra. Por ver que apañan. E quen son? Segundo o Concello gobernado por Lores eran responsables dunha axencia oficial das institucións europeas que lle dou ao Concello un suposto premio oficial tamén europeu. Pois nada de nada. Farolada xa que non son máis que os xefes dunha empresiña cazaconcellos. Estes dous hábiles publicistas serán agasallados polo alcalde Lores e o ideólogo de terrazas Cesáreo Mosquera, para "comprobar la movilidad urbana" e a privatización da cidade. Se cadra visitan tamén ao funcionario xefe de finanzas do BNG para lle explicar a verdade trapalleira daquel Premio Intermodes ao "modelo Pontevedra".

1 Tes razon

Pontevedra estaba moito mellor antes sen peatonalizar e sen accesibilidade, premio Intermodes ou non. Xa dixo no seu dia IU que era una imposición do Bloque a peonalización. Fai falla unha Marea Pontevedra a ver se a montan

2 que vas ter razón

Boa parte da cidadanía de Pontevedra apoiou e defendeu a peonalización. E o BNG, aos poucos, convertiu boa parte da peonalización en privatización de prazas e rúas. Para lle dar caldo a uns pequenos empresarios que antes botaban ao PP e, agora, calmados e consentidos, a a forrarse tamén, votar ao sol que máis quenta. O sol dun alcalde que se di antisistema e ten todos os servizos públicos do concello que goberna privatizados. Deixa, pois, o teu posto de garda e de vixianza, e pensa, que non tes razón. Outra cousa é que cumpras ordes. Se cadra até che dan outro Premio Intermodes deses de pacotilla.

3 Marea Plasta tio

Este plasta que fala de garda de vixianza aos que lle contestan é o mesmo que está en todos os fios contra o eterno Lores que se Lores isto que se Lores ten a culpa de Ence e que o BNG é o principal problema de Galicia. Agora di que as terrazas dos bares están moi mal, vaia pordior a combater os grandes empresarios que teñen unha tasca na esquina. Seguro que el non cobra nin cumpre ordes por facer sempre o mesmo comentario.

15 Ana

Deberian unirse todos menos o PPSOE. Todos os que esten en contra das politicas neoliberais e que a prioridade sexa o pago da debeda, os que defendan a separacion de poderes e unha democracia mais participativa (listas abertas, revocacion de cargos, referendum,etc)e por ultimo os que apoien un referendum monarquia/republica e un estado plurinacional.

14 oioioi

E acabaron as vacacións... Trollity-confidencial é estupendo para a circulación

13 Perigo

O primeiro terían que facer os das mareas é aclararse: ou definirse como un movemento cidadán para superar o modelo actual e darlle o poder ao pobo, ou aspirar a ser unha fronte de esquerdas. Porque parece que se acabarán xuntando cos liberados da CIG, co vello de AGE que cobra 5.000 euros/mes por non ir ao Parlamento, cos que afundiron o Bloque, cos frikis do Partido da Terra, NOS UP,etc...