A Xunta aproba os festivos galegos para o 2023

O 17 de maio e o 25 de xullo serán festivos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2022 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta aprobou este xoves o calendario laboral de Galicia para o ano 2023, no cal se fixan como festivos propios o 17 de maio, Día das Letras Galegas, e o 25 de xullo, Día Nacional de Galicia. O calendario foi aprobado despois do correspondente ditame do Consello Galego de Relacións Laborais.

A normativa estatal fixa 14 festas anuais de ámbito estatal non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello e, dos 12 restantes, nove son de carácter obrigatorio non sustituibles, salvo que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, venres santo (neste caso, 7 de abril de 2023), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro.

No ano 2023 hai un festivo de carácter obrigatorio que coincide en domingo, o 1 de xaneiro, que Galicia propón substituír polo 17 de maio, Letras Galegas.

Os outros tres festivos de carácter estatal son opcionais, é dicir, poden ser substituídos polas comunidades autónomas: 6 de xaneiro, que en Galicia nunca se cambia salvo que coincida en domingo; o xoves santo, que en 2023 se celebrará o 6 de abril e que en Galicia nunca se modifica de forma tradicional; e dáselles a opción de elixir entre o 19 de marzo e o 25 de xullo, que sempre se elixe este último por ser o Día Nacional de Galicia, como quedou establecido no decreto 8/1978 de 10 de xullo.

Unha vez aprobados os festivos de carácter autonómico, por parte do Consello da Xunta, publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG). Cada un dos concellos, pola súa banda, levarán a cabo a determinación de dous días como propios da súa localidade.

Non será necesario que o decreto autonómico estea publicado, só será necesaria a aprobación para que os concellos elixan os festivos locais.

Grupos de comensais sentados nunha terraza dun establecemento / Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press / Europa Press / Europa Press
Grupos de comensais sentados nunha terraza dun establecemento / Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta