Publicadas no DOG as axudas para a reparación dos danos causados polos incendios forestais

Os prazos para presentar as solicitudes determinaranse nas disposicións que se diten en aplicación deste decreto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2022 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publicou este venres o decreto de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo. En concreto, tal e como anunciara este xoves o presidente Alfonso Rueda tras a aprobación do decreto no Consello da Xunta, a administración autonómica achegará axudas de ata 122.400 euros a donos de vivendas afectadas polos incendios.

Esta contía será o tope no caso de que se trate de primeiras residencias. Tanto no caso de primeiras como de segundas residencias, a Xunta está disposta a cubrir "o 100%" da reparación, pero cando non se trate da vivenda habitual o límite será máis baixo: 61.200 euros. Así, previo informe da Axencia Galega de Emerxencias do 20 de xullo de 2022, declarouse como de emerxencia de natureza excepcional a situación producida polo episodio de incendios que arrasaron o territorio galego durante este mes de xullo.

As axudas outorgaranse de forma directa a causa do interese público, social e humanitario derivado das "excepcionais circunstancias" que concorren neste caso, e concederanse nos termos e nas condicións que se establezan nas súas correspondentes bases reguladoras.

Pola natureza destas achegas, os anticipos ou pagos á conta que prevén as convocatorias ou resolucións de concesión directa que se diten, e que poderían alcanzar ata o 100%, quedarán exentos do deber de constituír garantías.

As axudas contemplan os danos persoais sufridos, no seu caso, así como os causados en vivendas e enxoval domésticos, e tamén en instalacións complementarias, dentro das que se inclúen pozos, hórreos, alpendres, invernadoiros para autoconsumo, así como instalacións eléctricas e de iluminación, e de telecomunicacións.

Así mesmo, tamén se entenderá como construción ou instalación complementaria o peche preexistente da leira na que estea a vivenda.

Un bombeiro camiña por unha das zonas queimadas polo incendio de Folgoso do Courel, a 18 de xullo de 2022, en Folgoso do Courel, Lugo, Galicia.. Carlos Castro - Europa Press
Un bombeiro camiña por unha das zonas queimadas polo incendio de Folgoso do Courel, a 18 de xullo de 2022, en Folgoso do Courel, Lugo, Galicia.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta