Piden a dimisión de Miguel Filgueira como edil do BNG de Pontevedra polo seu aberto apoio ás touradas

O nacionalista dixo que “non vai renunciar á festa dos touros”. Galicia Mellor Sen Touradas lémbralle que o goberno do que forma parte declarou que non apoia esta festa española.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 30/08/2014 | Actualizada ás 16:48

Comparte esta noticia

As declaracións do concelleiro de Sanidade Animal do Concello de Pontevedra, Miguel Filgueira, xustificando o seu apoio persoal á tauromaquia provocaron a reacción do colectivo Galicia Mellor Sen Touradas. Unha reacción que chegou logo das explicacións que tivo que dar o concelleiro tras outra denuncia do colectivo Gato Pirata, Comité Pro Animal A mariña.

Miguel Filgueira, concelleiro do BNG de Pontevedra, primeiro pola dereita, nun espectáculo de touros
Miguel Filgueira, concelleiro do BNG de Pontevedra, primeiro pola dereita, nun espectáculo de touros | Fonte: Fotografía facilitada pola plataforma Touradas Fóra de Pontevedra

Os abolicionistas aseguran respectar a súa postura individual pero enténdena incompatible "coa súa presenza como edil dunha formación que rexeitou as corridas de touros en diferentes foros".

Son  profundamente nacionalista e de esquerdas, pero tamén abertamente taurino”, dixo Filgueira. "Non vou renunciar á festa dos touros", asegurou a pesares do evidente choque de posturas que supón con respecto ao ideario do BNG. "Cando entrei no Bloque xa era taurino; levo 35 anos asistindo a estes festexos", manifestou.

Por ese motivo  Galicia Mellor Sen Touriadas pide a dimisión de Filgueira como edil: "A postura da alianza é solicitar a renuncia como edil de goberno, e que se realice un exercicio de reflexión sobre a presenza de concelleiros taurinos nun goberno que declarou non apoiar a tauromaquia local", declarou o seu portavoz Rubén Perez.

Esta entidade pregúntase nun comunicado "que votaría" o concelleiro no debate dunha hipotética moción contra as corridas de touros en Pontevedra nun momento no que "miles de cidadáns xa piden a supresión do convenio" coa praza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

9 observador

E os da marea de Pontevedra non hai ningún que vaia nas festas da peregrina ós festexos taurinos?. Xa che me estrana ben. Chama a atención que o ataque ó BNG pontevedrés polos ciudadanosnopoliticosquerepresentanalpueblodeverdá fagan "casus belli" disto, non hai máis por onde atacar a Lores?, pois Chapeau para Lores logo...

1 botar en maré

Chapeu para Lores -o alcalde antisistema- polas coincidencias que ten con Louzán, o do PP, polo sobreprezo do Estadio de Pasarón. Chapeu para Lores pola privatización dos servizos municipais. Chapeu para Lores por apoiar -convenientemente- á prensa de dereitas da cidade. Chapeu para Lores polo rexime autoritario que, cos seus liberados/as e chivatos/as, instaurou no BNG de Pontevedra. Chapeu para Lores, o verdadeiro impulsor, polo seu sectarismo e eternidade iluminada, da Marea pontevedresa. Por certo, á que apoian multitude de anteriores militantes daquel antes ilusionado Bloque pontevedrés. E os que virán en marea.

8 eusi

Concelleiros presos por narcotráfico, apoio ao PPsoe durante décadas (e recriminarlle aos demais non sei que de IU), alcaldes indo a procesions baixo palio, desastrosas xestions coma Ferrol, Vigo, Boiro, conselleiros aprobando barra libre ás canteiras... E agora o descaro de apoiar esta festa "expañola": catro dias lle queda de vida a este partido (e ben partido) desnortado e moribundo

7 BNG

Son simpatizante do BNG e este home ten que dimitir xa! porque é moito daño o que lle fai a coalición. Sen dúbida no partido do Mesias ou Pablemos, se arranxaba xa, porque a tal democracia interna basease nos desexos do líder supremo. Por outra banda noxenta a utilización da tortura das touradas en beneficio propio. Mais cando as subvencionan noutros lares. Noraboa aos que o denuncian dun xeito desinteresado.

6 PPotalos

Home, empezou a campaña electoral...para AGE. A ver como nos desfacemos do Bloque en Pontevedra...

1 eusi

Sempre é culpa dos demais! Vós mesmos vos metedes no pozo de cabeza. DEP

5 GZemP

Pouco mais se pode dizer deste assunto, o pior não é ele é o BN...G? https://www.facebook.com/photo.php?... https://www.facebook.com/photo.php?...