O maior incendio do verán en Galicia avanza sen control e arrasa xa máis de 1.000 hectáreas en Chandreixa

Hai seis grandes incendios activos que afectan a case 800 hectáreas. Está estabilizado o lume que afecta ás Fragas do Eume e que obrigou a desaloxar o mosteiro de Caaveiro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2025 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

O incendio de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, que continúa sen control tras comezar o pasado venres, arrasa xa máis de 1.000 hectáreas, o maior no que vai de ano en Galicia. O lume de Chandrexa contou con 12 helicópteros, 10 avións, 34 motobombas, 66 brigadas, 40 axentes, seis pas, catro unidades técnicas de apoio e 12 técnicos.

Bombeiros preparan o helicóptero para extinguir o incendio, a 2 de agosto de 2025, en Vilardevós / Rosa Veiga - Arquivo / Europa Press
Bombeiros preparan o helicóptero para extinguir o incendio, a 2 de agosto de 2025, en Vilardevós / Rosa Veiga - Arquivo / Europa Press

Tamén a provincia de Ourense está activo un lume en Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos, desde as 17,30 horas do domingo, que queima 120 hectáreas. Entre outros medios, participan catro avións e un helicóptero. Mentres, está estabilizado desde as 23,37 horas do domingo o incendio forestal de Maceda, parroquia de Castro de Escuadro, que obrigou a desaloxar a veciños, aínda que xa está desactivada a Situación 2 pola proximidade ao núcleo de Teixeira. Calcina 400 hectáreas. A Xunta apunta á "clara intencionalidade" por iniciarse en "entre cinco e seis puntos case simultáneos".

O incendio no municipio ourensán de Padrenda, parroquia homónima, segue controlado desde a madrugada do domingo. Comezou o venres pola noite e queima 40 hectáreas.

ESTABILIZADO O LUME NAS FRAGAS DO EUME

Pola súa banda, está estabilizado, desde as 20,28 horas do domingo, o incendio do municipio coruñés de Monfero, parroquia de Queixeiro, que obrigou a desaloxar o mosteiro de Caaveiro e afecta o parque natural das Fragas do Eume. Queima cinco hectáreas desde o seu inicio na tarde do domingo.

Tamén está estabilizado o lume da Estrada, parroquia de Souto, desde as 22,10 horas do domingo. Queima unhas 20 hectáreas desde o mediodía do 10 de agosto. Ademais, segue controlado o lume da Fonsagrada, parroquia de Monteseiro, que queima unhas 150 hectáreas desde o pasado martes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta