Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2025 | Actualizada ás 10:22
Un home faleceu o pasado domingo tras recibir un disparo por arma de fogo no municipio coruñés de Mesía. Segundo informa a Garda Civil, os feitos ocorreron sobre as 17,10 horas. Ao lugar acudiu un helicóptero medicalizado tras un aviso ao 112 Galicia.
Axentes do equipo de criminalistica da Garda Civil realizaron unha inspección ocular no lugar dos feitos durante o doming. A investigación levaraa o equipo de Policía Xudicial de Santiago. Segundo as fontes consultadas por Europa Press, polo momento están abertas todas as hipóteses. A investigación está baixo segredo de sumario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.