Temas: ESTRELAS

Coñece que planetas podes ver nas noites de agosto

Con boa visibilidade poderás pescudar unha nebulosa anelar.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/07/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

As noites con este bo tempo estival poden aproveitarse para observar no ceo os planetas Venus (ao amencer), Xúpiter e Saturno, podéndose ver estes últimos xa a primeiras horas da noite a finais de agosto.

Un exoplaneta coa súa estrela.. IAU - Arquivo
Un exoplaneta coa súa estrela.. IAU - Arquivo

Outros atractivos astronómicos do verán para contemplar a simple vista son o triángulo formado polas tres estrelas brillantes: Vega, Altair e Deneb, e a propia Vía Láctea, “sendo necesario estar en lugares co ceo ben escuro”, matiza o director do observatorio Astronómico  Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo.

Cun pequeno telescopio, o programa de observación amplíase enormemente con obxectos tan interesantes como a nebulosa anelar en Lira, o cúmulo globular de Hércules, a estrela dobre Albireo,  ou a dobre-dobre na Lira, entre outros.

Temas: ESTRELAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta