A moción de censura en Touro debaterase o martes 12 de agosto e devolverá a alcaldía ao PP

Esta moción votarase en pleno o martes 12 de agosto, ás 12.00 horas do mediodía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2025 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

A moción de censura en Touro (A Coruña), coa que o popular Jesús Reboredo recuperará a Alcaldía tras un acordo co concelleiro non adscrito, Darío Rey, que con anterioridade formou parte do goberno local, debaterase e votará en pleno o martes 12 de agosto, ás 12.00 horas do mediodía. Así o ratifican a Europa Press fontes dos propoñentes, tras rexistrar a moción na xornada do martes. Este movemento permitirá arrebatar o bastón de mando ao actual rexedor, Roberto Castro, da lista independente Movemento Veciñal, na que precisamente concorreu como 'número dous' o concelleiro que agora permitirá o cambio.

O groso do acordo que anunciaron o luns tanto este edil como o Grupo Municipal Popular pasa por que o Concello se persone nos procesos xudiciais que incumban á mina de Touro-O Pino. Ademais, o propio Darío Rey presidirá unha comisión de medio ambiente cuxo criterio o novo goberno local deberá respectar. E é que este concelleiro foi moi crítico co actual alcalde porque o seu goberno nin se personou neste asunto --tampouco os anteriores do PP, que ata 2023 tiña maioría absoluta--, nin recorreu a declaración deste proxecto mineiro como "estratéxico" por parte da Xunta, senón que mantivo unha "posición ambigua, xogando a dous bandos entre os intereses dos veciños e da promotora".

O éxito da moción de censura será posible grazas a unha sentenza do Tribunal Constitucional de mediados de xuño que elimina un parágrafo da lei electoral que recollía que, se a proposta se presentaba cun tránsfuga, a maioría absoluta requirida ampliábase.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visita Touro
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visita Touro | Fonte: DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

17 eueu

A verdade é que coa lea de pagar nas autoestradas a min desanímame moito ir ao Porto. Hai información moi confusa: uns din que podes ir por autoestrada sen pagar, pero pódente multar, outros que podes comprar non sei que dispositivo en tabaquerias.... Unha lea de caramba!

16 Daniel

Na verdade creio que o norte de Portugal já está a fazer mais pela cultura galega que a própria galiza onde ainda se discute o ensino do galego. Parece que no aeroporto de Sá Carneiro não tiveram dúvidas e qualquer complexo em escrever em galego para agradar aos galegos que utilizam e ajudam também a crescer esse aeroporto. Bom seria se do outro lado da fronteira os portugueses vissem alguma coisa escrita em português porque também Portugal ajuda a crescer a Galiza, deixando a sua frota pesqueira pescar em águas portuguesas e favorecendo as exportações galegas para Portugal. Já é tempo de os galegos descomplexarem o complexo castelhano de lavagem cerebral cultural e linguística imposta por séculos.

15 Ambolo

Titular alternativo preferido: "Os aeroportos da Corunha, Vigo e Compostela atraem passageiros do Norte de Portugal graças às melhoras e o uso normalizado da nossa Língua na sua versão internacional". P.S.: a tudo se lhe pode dar a volta ... se se quer, é claro!

1 eueu

Isto conseguira-se quando AENA perda o E e pase a ser gestinada pola administraçom legítima do país.

14 Calístenes

"Tódolos" é galego?? E "Oporto" (sic) ??

13 warwash

O titular é um pouco tendencioso (a publicidade nesse aeroporto SEMPRE estivo em galego) mas o fundo da notícia é um claro exemplo da falha de planificaçom dos nossos líderes políticos e das inúteis luitas localistas. Se se deixassem de conachadas com o AVE a Madrid e nos pugessem um ao Porto, qualquer galego poderia dispôr dum aeroporto (realmente) internacional a um par de horas de comboio. Por último, proponho um novo lema: "O aeroPorto de toda a gente da Galiza" (em bom galego e nom discriminatório por género).

1 eueu

Lembrar que os menos dispostos a conectar Portugal com Galiza foi o própio governo português, nomeadamente o da dereita