Conde destaca a creación de emprego que suporá a multinacional Sentury nas Pontes

É unha empresa asiática especializada en pneumáticos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2022 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou a creación de empregos e de postos de traballo que suporá a materialización do proxecto que a empresa Sentury ten previsto materializar no municipio das Pontes de García Rodríguez, dedicada á fabricación de pneumáticos para turismos, furgonetas e mesmo avións.

Estas manifestacións realizounas o representante do Goberno da Xunta ao termo dun encontro que se desenvolveu na mañá deste martes, 2 de agosto, na sede da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, onde ademais do propio Conde estivo un representante da empresa de orixe asiática, a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o presidente do ente portuario, Francisco Barea.

Francisco Conde detallou que o proxecto da comarca de Ferrolterra estima un investimento de 531 millóns de euros e a creación de 750 postos de traballo directos, mentres asegura que esta iniciativa é "un reto industrial e loxístico moi relevante" polo impacto na xeración de emprego como na actividade do porto ferrolán, que "verá cuadriplicados os seus tráficos actuais, creando aproximadamente 30 empregos na propia terminal portuaria".

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, reúnese con representantes de Sentury. MONCHO FONTES
O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, reúnese con representantes de Sentury. MONCHO FONTES | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta