A planta de tratamento das augas que Cobre San Rafael construíu para limpar as augas da antiga mina de Touro e O Pino empezou a súa actividade, o que supón, segundo a compañía, "un paso crave" para o proxecto de rehabilitación das augas.
Segundo traslada nun comunicado, despois de tres meses de traballo, a planta para a rehabilitación de auga empezou as primeiras probas.
A compañía explicou que, dado que acaba de iniciar a súa actividade, polo momento o traballo da planta de saneamento está a ser en circuíto pechado, é dicir, o proceso de limpeza non se deposita no leito público.
A planta de tratamento, defende Cobre San Rafael, ten como principal obxectivo acabar "cos pasivos ambientais herdados da antiga mina", que cesou a súa actividade hai 35 anos conforme "ao estándar ecolóxico da época, moi diferente ao actual".
A empresa reivindica que asume o proxecto como "parte do seu compromiso real" coa contorna, froito "do diálogo" cos veciños e as diferentes organizacións e administracións públicas.