O PPdeG pide ao Goberno resolver o problema da sanidade galega cunha "transfusión de médicos de familia"

A Xunta nega, agora, que queira deixar sós aos MIR de cuarto ano nos PAC.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2022 | Actualizada ás 20:59

Comparte esta noticia

A Comisión de Sanidade do PPdeG visitou este martes a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), en Santiago, e desde alí a secretaria xeral do partido, Paula Prado, reclamou ao Goberno central "unha transfusión de médicos de familia".

Durante a visita --á que tamén acudiu a vicepresidenta segunda do Congreso e secretaria de Sanidade do PP nacional, Ana Pastor-- o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou ante os medios que Galicia precisaría "50 médicos adicionais máis, polo menos durante catro anos". En todo o Estado, farían falta uns 1.000.

Neste contexto, Paula Prado reiterou que agora mesmo a falta de profesionais non é un problema de diñeiro, senón de "falta de especialistas" e que, para iso, é necesario unha "transfusión" e "o único doante que pode facela é o Goberno de Pedro Sánchez".
o silencio".

"Pedímoslle seriedade, que escoite as necesidades da sanidade galega, que apague ese escaparate no que só pretende lucirse e que se preocupe dos problemas de Estado, como o da falta de médicos", insistiu o 'número dous' dos populares galegos.

De feito, a secretaria xeral nega que sexa unha cuestión de precariedade laboral, como denuncia a oposición, e destaca que este luns a Xunta aprobou un teito de gasto histórico con 12.599 millóns de euros para deseñar os seus orzamentos para 2023.

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitan as instalacións da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).. PPDEG
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitan as instalacións da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).. PPDEG | Fonte: Europa Press

MIR

Por outra banda, Comesaña negou, agora, que a súa proposta para aliviar a situación dos PAC recolla que os MIR de cuarto ano teñan que quedar sós no centro, polo que "non hai ningún problema legal" na proposta.

"Este tema está falado coas comisións de docencia. Estamos a falar de MIR 4, médicos que levan catro anos formándose nun centro acreditado, e o que lles pedimos é que estean acompañados por un adxunto, neste caso un médico de Urxencias de PAC", aclarou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Juan Antonio

Quė pena no saber de esta visita todos los trabajadores de Ados a los que se les debe carrera profesional con sentencia favorable del TSXG desde hace meses.Hubiese sido un buen momento para reclamar el cobro al conselleiro y a la señora Pastor