As piscinas de Pontemuíños, en Pontevedra, poderían reabrir este mes de setembro

A olímpica depende da prealerta por seca.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2022 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

A Fundación Rías do Sur confirmou este mércores a súa intención de reabrir para o curso escolar a piscina de 25 metros do complexo Pontemuíños, en Pontevedra, mentres que recoñeceu que a posta en marcha da olímpica, de 50, dependerá do fin da prealerta por seca decretada pola Xunta para a contorna do río Lérez.

Nunha rolda de prensa, o presidente desta entidade, Héctor Vilariño; o seu responsable xurídico, Faustino Seoane; e o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, avanzaron os próximos pasos que dará a Fundación despois de que un auto xudicial decretase como medida cautelar a reapertura destas instalacións para permitir a actividade de deportistas federados e socios, mentres se dirime o conflito coa concesionaria, a empresa Sidecu.

Os responsables de Rías do Sur denunciaron no Concello de Pontevedra o estado "lamentable" da piscina olímpica, con problemas estruturais e falta de mantemento nos mecanismos internos de climatización, filtrado e clorado.

A pesar da vontade de que volva abrir para o novo curso escolar, admitiron que a situación actual de prealerta por seca supón un contratempo, xa que os traballos de mantemento previstos precisan dun baleirado completo do vaso. "Non encheremos a piscina novamente ata que a situación cambie", confirmou Vilariño.

Unha bañista nada na piscina
Unha bañista nada na piscina | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press

PECHE DENDE ABRIL 

Con todo, coa de 25 metros non sería necesario ese proceso, o que permitirá a súa posta en funcionamento en torno ao comezo do próximo curso escolar. Este recinto, situado en Pontemuíños, permanece pechado desde o pasado 1 de abril, cando a concesionaria alegou uns "inasumibles custos enerxéticos" para manter a actividade. Agora a Fundación asumirá con fondos propios os gastos derivados das reparacións e posta a punto, así como os labores de mantemento e o persoal. Todos estes gastos reclamaranse na demanda xudicial que presentarán contra a concesionaria nos próximos días.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta