Axudas de ata 10.000€ para os autónomos que perderon o negocio na pandemia e queren volver emprender

O plan autonómico comprende uns 5 millóns de euros de montante total.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2022 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

A Xunta dará axudas de ata 10.600 euros a autónomos que cesaron a súa actividade e queiran volver emprender, así como para cambiar de sector o seu negocio. Para iso, o Consello aprobou as bases da convocatoria do bono Nova oportunidade, dotado cun montante global de 5 millóns de euros.

Así, concederanse dous tipos de financiamento que serán compatibles entre si: apoios de 9.000 euros para a posta en marcha dunha nova empresa e axudas de 1.600 euros en accións de formación e contar cun mentor.

Co crédito posto en marcha prevese apoiar a uns 500 autónomos. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, lembrou que a pandemia levou ao peche da súa actividade a moitos emprendedores, polo que agora búscase darlles "unha segunda oportunidade".

Entre outros requisitos para os autónomos que volven emprender, atópase: estar dado de alta no réxime especial de autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia na Seguridade Social no período do 1 de outubro ao 30 de outubro de 2022; haber cotizados anteriormente a esta nova alta ininterrompidamente polo menos durante tres meses durante a súa vida laboral no RETA ou outro réxime especial por conta propia; estar inscritos como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo á nova alta do RETA; así como ter o domicilio social nalgún municipio galego.

Traballadores autónomos.
Traballadores autónomos.

MÁIS APOIOS

Por outra banda, o Consello avaliou unha liña pioneira de apoios dirixido a mellorar a competitividade de pemes e autónomos, con 11 millóns de orzamento, a través do programa Galicia Inviste.

A principal novidade desta liña é que, por primeira vez, ofrece a posibilidade de solicitar conxuntamente axudas e préstamos para o financiamento de proxecto, coa opción de pedir créditos parcialmente reembolsables. Busca potenciar a creación de emprego, a innovación e o impulso de novas iniciativas empresariais.

Os apoios cobren proxectos desde 25.000 ata 900.000 euros, de forma que se pode chegar ata o 35% dos investimentos no caso das pequenas empresas e ao 25%, nas medianas.

Paralelamente, a Xunta destinará 1,5 millóns para promover proxectos de loxística entre pemes e autónomos. Os apoios serán do 35% para as pequenas empresas, así como do 25% para as medianas, ademais do 50% dos custos das colaboracións externas, cun límite máximo de subvención de 100.000 euros en iniciativas individuais --e de 100.000 euros multiplicados polo número de empresas nos proxectos colectivos--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta