Por Europa Press / Redacción | Compostela | 10/08/2022 | Actualizada ás 14:24
Galicia rexistrará treboadas esta xornada e o xoves, máis débiles e dispersa o venres, segundo informaron a Europa Press desde a delegación da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) en Galicia.
En concreto, explicaron que se esperan treboadas "na maior parte de Galicia que, localmente, poden deixar precipitacións importantes". "Tamén mañá --polo xoves-- espéranse treboadas, en principio menos importantes e frecuentes, durante a tarde", precisaron. Para o venres prevese que sexan "aínda máis débiles e dispersas".
Ademais, indicaron que, de acordo coa previsión, as temperaturas nestes días tenderán a diminuír. Así, o venres, as máximas no interior estarán entre 30 e 35 graos, sobre 25 nas Rías Baixas e ao redor de 20 no litoral norte.
Para o fin de semana e os primeiros días da semana próxima, a predición, explican, é "menos fiable". No entanto, indican que se poden producir precipitacións a partir do domingo. Ademais, sinalan que seguen baixando as temperaturas, ata situarse ao redor de 30 graos no interior e sobre 25 na costa.
Respecto diso, apuntan que "durante os próximos días a situación parece cambiar respecto das semanas precedentes" xa que se esperan "algunhas precipitacións e as temperaturas diminúen apreciablemente".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.