Medio Ambiente retoma a sanción contra Melide pola vertedura que matou miles de peixes no río Furelos

A Xunta renova esta causa administrativa despois de que o xulgado arquive a causa penal pola denuncia que interpuxo o Consistorio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2022 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda retomará o procedemento sancionador iniciado no verán de 2019 contra o Concello de Melide como consecuencia da morte de miles de peixes no río Furelos.

Este suceso foi provocado polas verteduras do polígono da Madalena situado no municipio coruñés, segundo explicou a Xunta nun comunicado.

A Consellería tomou esta decisión despois de que o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Arzúa notificara o arquivo --por falta de bases-- da causa penal derivada da denuncia que interpuxera o Concello de Melide contra empresas do polígono. Desta forma, o Goberno galego pode continuar co expediente que iniciara en xullo de 2019.

A Xunta abrira un procedemento administrativo sancionador contra o Concello de Melide "como responsable desde o punto de vista institucional e administrativo", tal e como sinalou no seu momento o Executivo autonómico. Esta acción levouse a cabo despois de que os axentes ambientais constatasen danos sobre a fauna da piscifactoría na canle de Furelos. Así, o departamento autonómico considera que estes feitos poderían ser unha infracción tipificada como grave na lei galega de pesca fluvial do ano 1992.

Peixes mortos
Peixes mortos | Fonte: Ríos Limpos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta