UGT denuncia que Galicia é a terceira autonomía coa taxa de actividade xuvenil máis baixa

Por E.P. | VIGO | 11/08/2022 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

UGT-Galicia denunciou este xoves que Galicia e é a terceira autonomía coa taxa máis baixa de actividade entre os mozos (de 16 a 35 anos), cun 59%, só por diante de Asturias (53,2%) e de Cantabria (57,6%).

Nun informe elaborado pola organización sindical con motivo do Día Internacional da Mocidade, que se conmemorará este venres 12 de agosto, UGT alertou de que Galicia ten cada ano que pasa menos novos, cun peso cada vez menor no conxunto das idades.

"Ao existir menos poboación nesta franxa de idade as oportunidades no mercado laboral deberían ser máis e mellores, pero isto non é así. Todo o contrario. Os máis novos son o grupo diana das grandes deficiencias do mercado laboral galego", lamentou.

Así, Galicia atópase entre as tres comunidades de España coa taxa de actividade xuvenil máis baixa, cun 59%, mentres que a media do Estado é do 63,9% e alcanzando cifras superiores ao 67% en autonomías como Madrid ou Cataluña. Ademais, a taxa de paro xuvenil é do 19,7%, "moi lonxe" do 11,2% do conxunto de idades e sobe ata o 55,2% no grupo de idade de entre 16 e 19 anos.

SECTORES

"Por sectores, destaca a gran dependencia do sector servizos na ocupación para os mozos, cun 71,6%. Hai que lembrar que o de servizos foi un sector moi afectado pola crise, do cal se deduce que esta crise golpeou especialmente aos máis novos", engadiu UGT.

O sindicato tamén lamentou que a parcialidade é unha das características dos empregos dos máis novos, cun 19,2%, cinco puntos máis que a media do conxunto de idades.

Mozos traballadores
Mozos traballadores | Fonte: GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta