Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/08/2022 | Actualizada ás 18:49
Vegalsa-Eroski activa unha campaña de axuda ás familias que perderon as súas vivendas nos incendios forestais rexistrados en Valdeorras e O Courel.
Ata o 29 de agosto poden realizarse as doazóns nos establecementos de autoservizos Familia O Barco e nos Eroski Center A Rúa e O Barco no caso de Valdeorras, segundo informa a compañía nun comunicado de prensa.
Mentres, a campaña do Courel porase en marcha nos próximos días e as colaboracións poderán facerse na Familia de Quiroga e Monforte.
Vegalsa-Eroski tramitará as achegas recibidas de forma directa a través das Asociacións de Empresarios de Valdeorras e Fonte do Milagre do Courel, respectivamente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.