Trasladada en helicóptero ao Hospital da Coruña unha nena que caeu dunha ponte en Navia de Suarna

Precipitouse dende unha altura de catro metros.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 14/08/2022 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

Un equipo médico trasladouse a Navia de Suarna a bordo dun helicóptero medicalizado para atender unha menor que, segundo informou o 112 Galicia, caeu dunha ponte nesta localidade.

Helicóptero do 061
Helicóptero do 061 | Fonte: CEDIDA - EP.

Segundo informa o servizo de emerxencias, varias persoas chamaron sobre as 18,00 horas para pedir asistencia urxente para unha nena que caeu dunha ponte, a uns catro metros de altura, na área recreativa de Navia de Suarna.

Segundo precisaron, necesitaban unicamente asistencia médica urxente, pois o acceso á nena era viable. Así, deuse aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como aos axentes da Garda Civil.

O equipo médico trasladado en helicóptero tomou terra e, tras os primeiros coidados, evacuou a nena ao Hospital Materno Infantil da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta