Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2022 | Actualizada ás 17:59
A Xunta activou un convenio coa ONG Farmamundi para iniciar unha intervención de emerxencia para atender e protexer á poboación feminina afectada o conflito de Tigray, no norte de Etiopía. Esta actuación conta cun investimento de 15.000 euros para fornecer alimentos e artigos de hixiene.
O proxecto diríxese a 170 mulleres e nenas sobrevivientes que se atopan nun centro de acollida de persoas desprazadas na cidade de Sekota, con prioridade para embarazadas, nais lactantes e con diversidade funcional. A través da iniciativa traballarase para fortalecer o sistema local de resposta e axuda á poboación feminina desprazada e sobreviviente da violencia sexual durante o conflito.
CAMPAÑA CONTRA O FURTIVISMO
Na mesma xornada, a administración autonómica anunciou a campaña de sensibilización 'Do mar, vívese', posta en marcha pola Consellería do Mar para concienciar sobre o prexuízo que ocasiona a extracción ilegal de recursos marisqueiros aos profesionais desta actividade, contou con máis de 2.200 persoas participantes desde a súa posta en marcha o mes de xullo.
Desta maneira, a iniciativa trasladou, a través de diferentes talleres, aos participantes a importancia de respectar o traballo dos profesionais do marisqueo que durante a época de verán obteñen un terzo dos seus ingresos anuais. Ademais, a campaña mostrou, mediante xogos e actividades, eses valores aos turistas que visitan as costas galegas. Neste sentido, algún dos aspectos máis valorados polos integrantes da acción é a posibilidade de coñecer o traballo que realizan os mariscadores.
Nos expositores informativos situados nas praias, tamén se reparten trípticos sobre esta iniciativa e elementos promocionais. Ademais, repartíronse chalecos e gorros destinados ás confrarías de pescadores. Esta actuación pasou por algúns dos areais da provincia de Pontevedra e continuará ata o mes de outubro pola Coruña e Lugo para alcanzar os 50 areais previstos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.