Primal Scream, Belle & Sebastian e Metronomy encabezan o Our Fest Xacobeo en Ourense

Esta primeira edición do festival celebrarase o 17 de setembro no recinto de Expourense.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 16/08/2022 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

A Xunta presentou o cartel do Our Fest Xacobeo 2022, que contará con Primal Scream, Metronomy e Belle & Sebastian como principais actuacións. Esta primeira edición do festival celebrarase o 17 de setembro no recinto de Expourense, en Ourense.

Cartel do Our Fest. XUNTA
Cartel do Our Fest. XUNTA | Fonte: Europa Press

Segundo sinalou o delegado da Xunta, Gabriel Alén, contar con bandas internacionais como estas "dá unha nova dimensión que promove diferentes músicas e achega público tamén de fóra de España". Pola súa banda, o vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, destacou a "importancia" de que Ourense forme parte do Xacobeo.

Ademais dos grupos internacionais mencionados, participarán outros grupos estranxeiros como The Big Moon, e propostas "punteiras" a nivel estatal como Julián Maeso Big Band, que ofrecerá un concerto especial neste formato.

Os asistentes poderán gozar durante unha xornada de cinco concertos que se prolongarán ata a noite, e no recinto disporán de barras e zona con diversas ofertas de restauración.

As entradas para o festival xa están á venda a través de www.ataquilla.com cun prezo especial de lanzamento de 30 euros máis gastos de xestión. Máis adiante pasarán a custar 40 euros máis os gastos de xestión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta