As choivas dan un respiro aos montes galegos e frean o avance dos incendios

Só un lume segue sen controlar, pero está estabilizado, o de Pantón.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/08/2022 | Actualizada ás 20:39

Comparte esta noticia

O regreso das choivas, que este martes caeron de forma xeneralizada en territorio galego supuxeron un freo para o avance dos incendios que nos últimos días queimaron miles de hectáreas do monte galego.

Voluntarios observan exhaustos os danos causados na Serra de Caurel tras o incendio forestal
Voluntarios observan exhaustos os danos causados na Serra de Caurel tras o incendio forestal | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Así, o último parte trasladado pola Xunta este martes dá conta dunha situación na que só un lume segue sen controlar, pero está estabilizado, o de Pantón (Lugo), con 25 hectáreas queimadas.

En Ribas de Sil (Lugo) arderon 40 hectáreas e o incendio está controlado, como en Laza (Ourense), onde o total de superficie arrasada ascende ás 2.100 hectáreas, tras unirse con outro lume iniciado en Chandrexa de Queixa.

Quedaron extinguidas as chamas en Oímbra e en Riós, onde a extensión que ardeu foi de 88,83 hectáreas e 94,1 hectáreas, respectivamente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta