Atopan o corpo sen vida do home desaparecido o luns en Betanzos

Apareceu flotando nun río da contorna.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2022 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

O home de 69 anos ao que se buscaba desde o pasado luns en Betanzos foi atopado falecido flotando no río na mañá deste xoves. Diso informaron a Europa Press fontes Protección Civil, que explican que foi achado na mesma zona na que se buscou estes días na desembocadura do río Mandeo, enredado nunhas cordas.

A última vez que se viu ao home foi nas inmediacións do porto de Betanzos o pasado luns. O martes, mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil atoparon unha carteira deste home, que a familia identificou como súa.

Ao longo desta semana despregouse un dispositivo de procura con membros de Protección Civil, mergulladores, drons e un helicóptero, entre outros medios. Precisamente, este xoves Protección Civil contaba cun dispositivo especial na zona pola celebración da romaría fluvial dos Caneiros.

Río Mandeo
Río Mandeo | Fonte: Garda Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta