A Xunta destina 1'8 millóns a "mellorar a seguridade" no Camiño de Santiago

Súmase así a un investimento anterior de 1'3 millóns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2022 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) o encargo para executar 39 novas actuacións de mellora da seguridade na rede viaria autonómica na contorna dos Camiños de Santiago, cun investimento de case 1,8 millóns Trátase, segundo informa a Consellería de Infraestruturas, de reforzar a seguridade viaria e a accesibilidade nas cruces das estradas autonómicas coas rutas xacobeas ou nos distintos tramos para mellorar a mobilidade de veciños e peregrinos.

Con iso, engade, "dáse continuidade ao programa impulsado o pasado ano pola Xunta na traza dos Camiños, na que se executaron 70 actuacións e ás que se destinou un investimento de 1,4 millóns". O inicio dos traballos está previsto para setembro "co obxectivo de ter executadas a totalidade das intervencións este mesmo ano". En concreto, están programadas 11 intervencións na provincia da Coruña, 23 na de Lugo e cinco na de Ourense.

Gabriel, un peregrino madrileño que realiza por segunda vez o Camiño de Santiago / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press
Gabriel, un peregrino madrileño que realiza por segunda vez o Camiño de Santiago / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta