Galicia ten 107 casos de vexigas do mono, segundo Sanidade

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2022 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

O número de casos confirmados por vexigas do mono sitúase en Galicia en 107, segundo datos achegados este venres polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

A preguntas dos xornalistas, explicou que houbo un momento de "incremento importante" na incidencia destes casos, pero apostilou que agora está máis "retardado". Tamén precisou que se está vacinando ás persoas de contactos estreitos e que a Comisión de Saúde Pública está co protocolo para "poder facer de cada dose --da vacina-- cinco".

Sobre os casos rexistrados en Galicia, asegurou que, a pesar de ser das "máis pequenas" do Estado, "preocupa". Por iso, dixo, trabállase na prevención "e a vacina deses contactos estreitos".

Infografía do CECOVA sobre as vexigas do mono. CECOVA
Infografía do CECOVA sobre as vexigas do mono. CECOVA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta