O 'Revenidas' expande as súas fronteiras e sae de Vilaxoán para aterrar en Lugo e Ourense

Baiuca tocará en Ribadeo, Treixadura na capital lucense e Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre en Celanova.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2022 | Actualizada ás 16:34

Comparte esta noticia

O festival Revenidas expande as súas fronteiras e sae de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa, para aterrar nas provincias de Lugo e Ourense. A organización da cita musical destaca a participación de "tres dos principais referentes da música tradicional galega, entendida e presentada desde perspectivas moi diferentes", en referencia a Treixadura, Xavier Díaz e Adufeiras de Salitre e Baiuca.

Este tres serán os artistas encargados de levar, en palabras de Javier Arias, delegado territorial da Xunta en Lugo, "grandes concertos a pequenas localidades". A mestura de tradición e electrónica con base contemporánea de Baiuca será a encargada de abrir en ciclo Revenidas en Lugo. Farao en Ribadeo o vindeiro venres 2 de setembro. Como o resto, será de entrada libre ata completar aforamento.

Treixadura estará na capital lucense como colofón final. Será o domingo 23 de outubro e porán a banda sonora á celebración do día do veciño. Álvaro Lamas, integrante do conxunto, adianta un concerto "moi emotivo" xa que celebran o seu trinta aniversario e a saída ao mercado do seu último traballo titulado 'Camiño Longo'.

Entre medias, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre tocará en Celanova, en Ourense. O escenario de Revenidas asentarase no municipio ourensán o sábado 17 de setembro.

Que o festival Revenidas, que cada ano se celebra en Vilaxoán, expanda a súa programación da man do Xacobeo 21-22 ten como obxectivo "aumentar a promoción da música e da lingua galega a través dun ciclo de concertos que levará distintas formas de entender a tradición a aldeas e cidades máis aló do eixo atlántico", aseguran desde a organización.

Baiuca - Alejandro Guillán
Baiuca - Alejandro Guillán | Fonte: Europa Press - Baiuca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta