Veciñanza de Eirís presenta alegacións ao 'Novo Chuac' que "leva por diante 22 vivendas"

Tamén afecta restos arqueolóxicos e parte do parque xunto coa lagoa, explica a asociación veciñal.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 29/08/2022 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

A Asociación Veciñal de Eirís presentou alegacións ao proxecto de interese autonómico (PIA) de ampliación do complexo hospitalario universitario da Coruña, o 'Novo Chuac', segundo informa.

Nun comunicado, afirman que "toda a cidadanía se verá afectada polas obras e polo peche do centro de especialidades do Ventorrillo, o Hospital Materno-Infantil, o Oncolóxico e de parte do Abente e Lago". Ademais, reprocha á Xunta estar "a cambiar o proxecto continuamente", tentando, engade, "xustificar o inxustificable en recentes cambios lexislativos que tampouco respectan".

"Deciden tramitar todo a través dun PIA, que pode aprobar a Xunta directamente sen contar co Concello da Coruña, aínda que pague unha parte". "Pero daquela parte dos viarios pretenden que se modifiquen nun pleno do concello, saltando o procedemento para 'axilizar'". Tamén argumentan que a administración autonómica "salta a normativa ambiental" mediante un procedemento "que acurta o proceso", sostén a entidade veciñal.

En relación ao proxecto e a edificación proxectada, rexéitao por "levar por diante como mínimo 22 vivendas, restos arqueolóxicos, a lagoa do parque de Eirís e gran parte do propio parque", engade.

Proxecto do novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).. XUNTA
Proxecto do novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta