Ocultaba 60 quilos de droga no maleteiro cun complexo sistema hidráulico

Un home foi detido cando viaxaba de Andalucía a Vigo.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 31/08/2022 | Actualizada ás 10:22

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional de Vigo detiveron a un home acusado dun delito de tráfico de drogas, despois de sorprendelo cando tentaba introducir en Galicia 60 quilos de haxix ocultos no dobre fondo do maleteiro dun vehículo de alta gama.

Grazas a unha investigación que se remonta meses atrás, os policías tiveron noticias dun vehículo que podería estar implicado no transporte e repartición do haxix, e que ía subir cargado desde o sur de España.

O día 22 de agosto, o vehículo, de alta gama, foi interceptado na localidade pontevedresa do Porriño. Ao abrir o maleteiro, os investigadores puideron observar que, nun lateral, nun dos ocos da chapa e a primeira ollada, había tres bolsas con paquetes de haxix. Tras rexistrar o coche comprobouse que o fondo do maleteiro estaba claramente modificado, posiblemente para ocultar máis mercadoría.

Inmediatamente procedeuse á detención do condutor por un delito de tráfico de drogas. Xa en dependencias policiais, tras un rexistro pormenorizado do vehículo, descubriuse un espazo oculto baixo o chan do maleteiro, dotado dun complicado sistema hidráulico de apertura.

Os axentes tiveron que empregar medios técnicos para proceder á apertura do sistema, descubrindo no interior un total de 611 tabletas de haxix de gran calidade, cun peso de 60 quilos. O detido, que viaxaba só desde Andalucía, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número uno do Porriño, quen decretou o seu ingreso en prisión.

60 quilos de haxix ocultos no maleteiro dun coche
60 quilos de haxix ocultos no maleteiro dun coche | Fonte: POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta