A Xunta defende o seu sistema para facer fronte ás secas e di que é un "referente"

A conselleira pon como exemplo este sistema conxunto polo que Augas de Galicia asumiu o servizo de 10 concellos en 2004.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2022 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

As precipitacións que se prevé que caian sobre Galicia durante o fin de semana "non van resolver" a situación de seca, que nalgúns puntos é "grave" posto que ten "comprometido" ao abastecemento de auga para a poboación.

Así o advertiu a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, en declaracións aos xornalistas durante un acto en Santiago. Vázquez sinalou ao sistema en alta da marxe dereita da ría de Arousa como un "referente" para a Xunta coa vista posta en facer fronte á situación de seca que afronta Galicia. Xestiónao Augas desde 2004 e dá servizo a Boiro, Catoira, Dodro, Padrón, A Pobra, Pontecesures, Rianxo, Ribeira, Valga e Vilagarcía.

Antes de reunirse con alcaldes deste sistema, a conselleira apuntou a "oportunidade para demostrar" que a lei que entra en vigor este xoves --a de mellora do ciclo integral da auga-- é unha norma "para blindar os servizos de xestión da auga e a resposta fronte á seca".

Neste sentido, reivindicou as garantías para o abastecemento á poboación "cun sistema voluntario polo que os concellos poden pedir á Xunta que asuma a xestión do servizo da auga".

"SITUACIÓN GRAVE"

Para Ethel Vázquez, este sistema "mostra" que a administración autonómica asume "con profesionalidade" cando se lle encomenda esta xestión, "garantindo a subministración de auga en episodios de seca" e tamén con infraestruturas. Con todo, subliñou que é "un sistema que (a Xunta) pensa que é a referencia do que busca para Galicia, para afrontar mellor a situación de seca". A poboación abastecida ascende ás 93.000 persoas.

A situación de seca "é grave" pero non "illada" para Galicia, senón que afecta a Europa. Neste sentido, a titular de Infraestruturas reivindicou levar "traballando con intensidade" desde 2017, coa lei que entra en vigor este 1 de setembro pero tamén "ofrecendo información periódica permanente".

Restos do núcleo urbano que quedo alagado cando se construíu a presa, a 26 de agosto de 2022, en Negueira de Muñiz, Lugo, Galicia (España). O encoro de Salime, sobre a conca do río Navia, atópase no 44,74% da súa capacidade.. Carlos Castro - Europa Press
Restos do núcleo urbano que quedo alagado cando se construíu a presa, a 26 de agosto de 2022, en Negueira de Muñiz, Lugo, Galicia (España). O encoro de Salime, sobre a conca do río Navia, atópase no 44,74% da súa capacidade.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta