As fugas nas redes de abastecemento sitúanse nunha media do 41%, chegando ao 60% nalgúns concellos

Por iso a xunta ampliou as axudas para que as entidades locais poidan minimizar as perdas de auga nos seus sitemas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2022 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia reivindicou este venres o seu papel no apoio aos municipios para eliminar as fugas nas redes de abastecemento, con axudas económicas a 83 entidades locais para "blindalas" ante a seca. Así o trasladou a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, durante un encontro co alcalde de Porto do Son (A Coruña), Luís Oujo, para abordar as actuacións previstas co fin de reducir as perdas de auga na rede municipal, e no que tamén ha particiado o xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira.

Segundo apuntou a conselleira, a Xunta acaba de ampliar ata os 600.000 euros as axudas para que as 83 entidades que solicitaron estes incentivos poden beneficiarse e elaborar plans de actuación para minimizar as perdas de auga nos seus sistemas. Nese contexto, lembrou que esas fugas en redes locais "son moi importantes" e sitúanse nunha media do 41 %, chegando mesmo a superar o 60 % nalgúns concellos de menos de 2.000 habitantes.

AUDITORÍAS

Por iso, fixo un chamamento para acabar con este problema e situar o nivel de perdas en menos do 20 %, ao que contribuirán as auditorías promovidas con esta orde de axudas. Estas subvencións están abertas a todos os concellos, incluídos os que dependen de concas estatais, como a Demarcación Hidrográfica Miño-Sil. Esas análises permiten coñecer con exactitude a situación dos sistemas de abastecemento, a auga captada, fornecida e rexistrada, e os nucleos de poboación aos que se serve. Do mesmo xeito, permite a detección dos puntos con deficiencias.

A partir das auditorías (para as que Augas de Galicia facilitou unhas recomendacións), os concellos poderán deseñar plans de actuación e así evitar o malgasto de auga e enerxía, especialmente nunha situación como a actual, na que boa parte da demarcación Galicia-Costa, a conca de competencia autonómica, está en situación de seca prolongada.

SITUACIÓN EN PORTO DO SON

No caso da conca do Tambre (á que pertecene Porto do Son), a situación empeorou nas últimas semanas, e declarouse a prealerta por escaseza. Isto significa que hai diminución da auga dispoñible e o abastecemento "pode chegar a estar comprometido" se non se contén o consumo e se non chove de forma moderada.

O Concello de Porto do Son solicitou a axuda da Xunta para elaborar o seu plan de emerxencia municipal ante a seca, que xa se está redactando, e tomou xa medidas nos últimos meses para reducir as perdas. Así mesmo, acolleuse ás axudas para erradicar as fugas das súas redes de abastecemento.

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez (centro), co alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, e o xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira.. XUNTA DE GALICIA
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez (centro), co alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, e o xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira.. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta