Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2022 | Actualizada ás 18:56
A Garda Civil detivo a dous cidadáns albaneses como presuntos responsables dunha das "maiores plantacións de marihuana localizadas en Galicia nos últimos anos", que se atopaba nun monte comunal na parroquia de Pedre, en Cerdedo-Cotobade. A operación, explican nun comunicado, iniciouse polas "sospeitas" que infundían estas persoas pola súa presenza "supostamente inxustificada" nos montes desta localidade.
Destacan ademais que a colaboración cidadá foi fundamental para localizar a plantación, cunha extensión de terreo que superaba os 2.500 metros cadrados, repoboados con 3.437 plantas de cannabis.
Tamén foron sorprendidas dúas persoas que nese mesmo momentose atopaban realizando labores de vixilancia e cultivo. Trátase de dous homes, de nacionalidade albanesa e sen domicilio fixo coñecido, que foron inmediatamente detidos como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas.
A investigación confirmou que estas dúas persoas vivían en tendas de campaña contiguas á plantación, "dotadas dos medios necesarios para subsistir durante unha longa tempada". Nunha terceira tenda atopouse a documentación persoal doutro cidadán albanés que se atopa en paradoiro descoñecido.
No campamento dispuñan tamén de diverso material de obra paratrabajar sobre o terreo (pas, picos e outros apeiros de labranza), abonos químicos e produtos de xardinaría, ademais dunha balsa con auga da que saían varias mangueiras que formaban un sistema de rega quesurtía de auga a toda a plantación.
O operativo concluíu co corte e pesada das plantas que serán postas a disposición da autoridade xudicial. Os detidos, xunto coas dilixencias instruídas, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución Nº3 de Pontevedra, que decretou o seu ingreso en prisión. Con todo, matizan que as dilixencias continúan abertas para localizar e deter á terceira persoa implicada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.