Detido un home en Sanxenxo que, ademais de roubar queixo e touciño, non tiña carné e estaba en busca e captura

O autor deuse á fuga pero foi interceptado nunha peaxe. Os produtos alimenticios tiñan un valor de 500 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2022 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

Un mozo de 24 anos que carecía de permiso de conducir e que estaba en busca e captura por un xulgado pontevedrés foi detido tras ser interceptado nunha peaxe tras darse á fuga despois de roubar queixos e touciño nun centro comercial de Sanxenxo (Pontevedra).

Os feitos tiveron lugar o pasado luns, cando a central operativa da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra recibiu o aviso de que tres persoas roubaran produtos alimenticios por valor de 500 euros dun centro comercial. Os presuntos autores do roubo déronse á fuga pola autovía AG-41 en dirección á AP-9. Na peaxe desta autoestrada situado en Alba, os individuos foron detidos por unha patrulla de Tráfico, que rexistrou o vehículo e localizou os produtos subtraídos.

A persoa ao volante resultou ser un veciño de Vilaboa de 24 anos de idade que carece de permiso de conducir e ao que lle constaba unha orde de procura, detención e personación do Xulgado de Instrución número 2 de Redondela. Este mozo foi detido por un delito contra a seguridade viaria, así como outro de furto e pola requisitoria que pesaba sobre el. Os seus acompañantes no coche, dúas mulleres de 25 e 18 anos, tamén veciñas de Vilaboa; permanecen como investigadas por un delito de furto.

Maleteiro dun coche que se deu á fuga tras roubar nun centro comercial de Sanxenxo. GARDA CIVIL
Maleteiro dun coche que se deu á fuga tras roubar nun centro comercial de Sanxenxo. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta