Antes estabamos ben, pero era mentira

En Galicia pérdese polas tubaxes a 41% da auga. Terremoto sísmico non houbo. Entón que ocorreu? Pode ser que o suposto cambio climático afecte as tubaxes?. Talvez a súa construción foi neglixente, defectuosa ou chafalleira?

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 09/09/2022

Comparte esta noticia
A “Xunta vén de ampliar ata os 600.000 € as axudas autonómicas para que as 83 entidades locais que así o solicitaron poidan beneficiarse delas e elaborar plans de actuación para atallar as perdas de auga nas súas redes de abastecemento. Detalla que as fugas nos abastecementos municipais roldan de media o 41% e chegan a superar o 60% nos concellos máis pequenos, sendo o obxectivo reducilas e situalas por debaixo do 20%”. Así se expón a realidade na páxina web do ente público AUGAS DE GALICIA. 
 
No pasado mes de agosto AUGAS DE GALICIA esixiu aos concellos que estudasen as perdas de auga das tubaxes de abastecemento para coñecer a  exactitude do desastre. Só 31 concellos responderon o chamamento. A situación é cando menos esperpéntica: os concellos adxudicaron as obras, e  as obras teñen fugas do 41% de media, AUGAS DE GALICIA pídelles informar das perdidas, e non lle contestan… Alégase por algúns que todo é culpa da calor do verán. Mais a realidade é que  o 41% pérdese polas tubaxes e só chega ao consumo o 59%. Para emendar esta fantasmagórica realidade o 1 de setembro entrou en vigor unha lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga para emendar no posible  este escenario. Como podemos definir estes feitos? Decídao vostede, estimado lector. 
 
Estannos co conto do cambio climático, e as contas reais son outras moi diferentes. Ocúltase   á poboación a verdade: que a 41% da auga pérdese polas tubaxes, mais achácaselle a necesidade de racionar a auga a un suposto fenómeno, cando a verdade é a exposta por AUGAS DE GALICIA. 
 
Fronte á superficialidade do discurso rimbombante e exitoso, a verdade subterránea , oculta, é un desastre sen paliativos.  Vénnos á mente o que no seu día dixo  don Cantinflas: “estamos peor, pero estamos mellor; porque antes estabamos ben, pero era mentira; non como agora, que estamos mal pero é verdade”. E, atendendo ao discurso da elite dominante,  sempre queda o cambio climático para estar... igual. 

Auga da billa
Auga da billa | Fonte: Europa Press.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA