A Xunta apoiará a lectura coa promoción dalgúns libros galegos

Inicia un programa para impulsar a lectura en galego en once librarías de oito concellos. Ferrol ou Pontevedra non están incluídas nesta primeira xeira.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/09/2014 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

A Xunta quere, agora, promover a lectura en galego a través dun programa de axuda ás librarías pero cuxo orzamento é moi axustado. Un programa que leva por nome “Venres nas librarías" e que pretende impulsar determinados autores e editoriais en distintos establecementos galegos.

O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, con Alberto Núñez Feijóo
O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, con Alberto Núñez Feijóo | Fonte: xunta.es

“Aspiramos a unha mellora progresiva dos índices de lectura para outorgarlle ao libro o papel central que debe ocupar na sociedade”, dixo o conselleiro, Jesús Vázquez,  durante a presentacion deste programa. Xunto a el tamén compareceron a subdirectora xeral de Bibliotecas da Xunta, Cristina Rubal, e as presidentas da Asociación galega de Editores, Laura Rodríguez, e da Federación de Librarías, Pilar Rodríguez.

“As librarías son un axente cultural indispensable para a consolidación do tecido cultural galego", dixo Vázquez, dun programa que establece a promoción de títulos galegos publicados no último ano e desenvolverase en establecementos dedicados á venda e fomento da lectura.

Os inscritos á Asociación galega de Editores de libros encargaranse de elaborar as propostas de libros participantes, de acordo cos autores que forman parte desta primeira edición do programa. O calendario inclúe un total de quince títulos pertencentes a Edicións Xerais, Edicións Embora, Hércules de Edicións e Tosoxouto, segundo a Xunta.

O programa de promoción desenvolverase nos municipios de Lalín, Vigo, A Coruña, Moaña, Ourense, Santiago de Compostela, Narón e Lugo a través das librarías Vagalume, Casa do Libro, Cartabón, FNAC, O Pontillón, Andel, A Rexión, Pedreira, Librouro, Day e Trama. Non entran nesta primeira fase establecementos de Ferrol ou Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Fartodalingua

A ver Anita, medios públicos en gallego hay uno, la tvg. Los medios privados, son eso, privados y emiten en el idioma que le sale de los kínder; si casi todos lo hacen en español seguro que es porque conviene a sus intereses (económicos, comerciales, audiencias…). Lo mismo sucede con las empresas, la oferta de ocio o la publicidad. Si quieres llegar al gran público, el gallego... En cuanto a lo del ensino infantil: hay muchos profes “militantes” que venga a usar el idioma regional, y los niños dale que te pego al español, la lengua materna de muchos de ellos (sobre todo en las ciudades), además de la de sus amigos, sus juegos, sus lecturas o sus programas de TV. Lo sorprendente es que haya personas que consideren que esto es un problema ¡¡Hay que ver, un niño español instalado en su idioma!! ¡¡Increíble, en una región española (Galicia), predomina el español en el ámbito social! O do cinema xa é de risa, non iría ninguén.

1 Trutxo

Cada idioma que falas e unha fiestra diferente para ver o mundo. Se ti renuncias a unha que é a que mellor describe o teu entorno, a la ti pailán. Os Galego falantes tamén temos dereito a vivir o noso día a día no idioma que nos pete falar.

2 canfurneiros NON

Os nenos só hai que ver o que falaban cando foi o boom Xabarín Club. E as doblaxes ao galego de filmes na TVG son aclamadas por todo o mundo, así que non digas trapalladas. Para o demais, Galiza non é EXPAÑA, e o castellano é unha lingua extranxeira imposta dende Madrí durante séculos. Que che dea o ar, vil-lingüe.

3 hartodelalengua

Os medios privados veñen dende Madrid e copan todas as frecuencias galegas para ver se así conseguen que os galegos deixemos de falar a nosa lingua, pero téñeno crú, porque nin 40 anos con Franco o conseguiron. Por que non deixan dunha vez que emitan os medios portugueses en Galicia? De que teñen medo? Acaso non din sempre que só os ían ver os reintegratas? Non ho, o que pasa é que preferides meternos 40 canles de telelixo mesetario pra foder. E o peor é iso da "lingua materna"... a maioría sabe falar nativamente as dúas linguas, o que vós quereriades é que isto fose como a meseta e só soubesemos falar en "ejpañó", pero non che é así, que non somos analfabetos e gandules coma outros que viven das pagas das nacións do norte do estado.

1 Ana

O galego fomentase a traves do ensino, medios de comunicacion, administracion e empresas. ¿Cantos medios de comunicacion temos que empreguen so o galego?. ¿Cantas empresas empregan o galego na atencion o publico, etiquetado ou publicidade?. ¿Cal é a presenza do galego no ensino infantil nas cidades galegas?. ¿Pq non se dobran as peliculas americanas o galego?.