A Delegación do Goberno asegura que as obras na A-6 para mitigar os efectos da derruba avanzan "a bo ritmo"

Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/09/2022 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, asegurou este sábado que as obras en Pedrafita do Cebreiro (Lugo) para mitigar os efectos sobre o tráfico na A-6 da derruba do viaduto do Castro --Veiga de Valcarce (León)-- "avanzan a bo ritmo".

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, supervisa as obras na zona da A-6 onde se derrubou o viaduto do Castro
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, supervisa as obras na zona da A-6 onde se derrubou o viaduto do Castro | Fonte: DELEGACIÓN DO GOBERNO.

O representante do Executivo visitou a zona onde se realizan os traballos para pór en marcha as alternativas ao tráfico, afectado o mes de xuño polo colapso do viaduto na principal vía de comunicación por estrada de Galicia co centro da península.

O delegado do Goberno expresa que a recuperación do tráfico na autovía "é unha prioridade" para a Administración central e que o obxectivo é que a alternativa deseñada, que evitará o paso de transportes especiais polo núcleo de Pedrafita, estea lista no outono.

"O Goberno está a pór en marcha as solucións máis seguras e viables, con rigor e con transparencia, da man de todas as administracións e os sectores implicados", aseverou Miñones.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta