Xunta e tecores buscan melloras nos trámites administrativos que afectan ao sector

Analizaron diferentes cuestións relacionadas co exercicio da actividade cinexética na Comunidade, o comezo da próxima tempada de caza e a necesidade de buscar solucións que garantan a substitución xeracional para un sector cun importante peso en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2022 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia e a Asociación de tecores galegos (Ategal) abordaron esta semana a posibilidade de introducir melloras co fin de optimizar e simplificar algúns dos trámites que habitualmente teñen que realizar este tipo de sociedades de caza ante a Administración autonómica.

Este foi un dos asuntos tratados pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Angeles Vázquez; a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén Campo; e os representantes de Ategal no transcurso da reunión mantida.

A este respecto, analizaron diferentes cuestións relacionadas co exercicio da actividade cinexética na Comunidade, o comezo da próxima tempada de caza e a necesidade de buscar solucións que garantan a substitución xeracional para un sector cun importante peso en Galicia.

Na reunión, os representantes de Ategal tamén aproveitaron para informar á conselleira e á directora xeral da súa participación nun proxecto de investigación europeo sobre as poboacións do coello de monte, no que colaboran xunto ás Universidades de Santiago de Compostela e de Córdoba, e do que xa foron presentadas as primeiras conclusións.

Pola súa banda, Ángeles Vázquez destacou a liña de diálogo que manteñen, desde hai anos, coa Administración autonómica as sociedades de caza galegas, ademais de agradecer a súa disposición a colaborar en cuestións clave para o sector como a difusión das ordes de axudas que convoca cada ano o departamento para paliar os ataques da fauna silvestre, entre outras accións.

Xabaril, monte, caza, bosque.. XUNTA - Arquivo
Xabaril, monte, caza, bosque.. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta