A música en directo regresa ao Teatro Principal de Ourense en outubro co Festival Internacional de Blues

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2022 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

O Teatro Principal de Ourense acollerá os días 7 e 8 de outubro a XIX edición do Festival Internacional de Blues, patrocinado pola Deputación de Ourense, no que o público poderá gozar da música en directo de tres prestixiosas bandas do panorama estatal e internacional: a galega Martins Aneiros Band; a británica Dennis Rollins Velocity Trio, que ofrecerá a primeira e única actuación en España; e a norteamericana The Chris O'Leary Band.

The Chris O'Leary Band.
The Chris O'Leary Band.

O festival foi presentado este luns no Principal nun acto que contou coa presenza do vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, a directora do teatro, Olga Mojón, e o promotor do evento, Alfonso Cito.

Durante a presentación, César Fernández agradeceu ao director do festival "o traballo realizado en todos estes anos para converter esta cita nun referente da axenda cultural" da provincia, algo aínda máis destacado se se ten en conta que "non se trata dunha música de masas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta