Galicia diagnostica ao ano 6.300 persoas de alzhéimer e outras demencias

Hai 30.000 persoas con estas patoloxías.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2022 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Galicia diagnostica ao ano 6.300 persoas con patoloxías de demencia, entre elas alzhéimer, e conta actualmente cunhas 30.000 persoas que padecen algunha destas enfermidades. As consultas de pacientes con alzhéimer e outras demencias realizadas polo Sergas en atención primaria o pasado ano foron un total de 715.753.

A Consellería de Sanidade conmemora o Día Mundial do Alzhéirmer baixo o lema 'InvestigAcción. No itinerario da demencia', unha xornada na que o Goberno galego lembra que a demencia é o resultado dunha enfermidade que dana cada vez máis o cerebro ao longo do tempo.

Ademais, pode afectar a calquera persoa, indistintamente da súa procedencia e non forma parte do proceso de envellecemento. A pesar de que a demencia é máis común entre as persoas de máis idade, a mocidade tamén pode padecela.

O alzhéimer é a forma máis común de demencia (60-80%), aínda que hai outras enfermidades que poidan producir demencia. Destrúe células cerebrais e os nervios, interrompendo os transmisores que levan mensaxes ao cerebro, particularmente aqueles responsables do almacenamento dos recordos. Estímase que as demencias afectan o 12,5 por cento das persoas maiores de 65 anos.

FORMACIÓN CONTINUADA

A Xunta lembra que a Subdirección de Atención Primaria do Sergas asina un convenio anual coa Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Fagal) que, este ano, ascendeu a 72.771 euros, un 3,19 por cento máis que en 2021. Entre os obxectivos do convenio, están a formación continuada dos profesionais que traballan ou colaboran coas asociacións, así como o deseño e desenvolvemento coas asociacións federadas de programas de formación e coidados das persoas coidadoras.

Tamén se contempla no convenio tarefas de sensibilización social, información, orientación e asesoramento a familias e persoas coidadoras; o deseño e desenvolvemento conxunto coas asociacións federadas de programas psicoeducativos; e a difusión de cuestións relacionadas coa atención das persoas con esta doenza, así como das que se encargan dos seus coidados.

ACTIVIDADE FORMATIVA

Ademais, esta entidade e as integrantes nela colaboran na Escola Galega de Saúde para Cidadáns da Consellería de Sanidade en diversas actividades formativas. No que vai de ano, realizáronse nesta escola 25 talleres relacionados co Alzhéimer e coa demencia e quedan pendentes outros 12 a partir do mes de outubro.

Persoas maiores / Ana Varela - Xunta de Galicia. / Europa Press
Persoas maiores / Ana Varela - Xunta de Galicia. / Europa Press

Así, tanto Sanidade como Fagal consideran de "particular importancia" establecer accións conxuntas para mellorar a calidade de vida destas persoas e das súas familias no seu domicilio, promovendo a divulgación e dando a coñecer a importancia "real" do alzhéimer.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta