Que brincadeira hai en Bruxelas

A Comisión Europea prohibe pescar á frota galega. Aproba 87 vedas e dos 1.000 barcos que non poden pescar 500 son españois, dos cales 207 de Galicia segundo os cálculos da Alianza Europea de Pesca de Fondo (EFBA, polas súas siglas en inglés) e a patronal pesqueira Cepesca.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 29/09/2022

Comparte esta noticia

O regulamento que o prohibe aprobouno a UE, e  aplícase a través da Comisión Europea en base a criterios “científicos”.   Mais  os europeos seguen comendo peixe e para iso impórtase. Os españois non traballan  e outros o traen de fóra.

Na agricultura española e galega aplícanse uns criterios de produción que encarecen o prezo  e ao mesmo tempo permítense importar alimentos do exterior da UE sen os requisitos que lles impoñen aos españois e galegos. A consecuencia lóxica é que os nosos  perden mercados polo prezo máis alto, e os de fóra  gañan polo seu prezo máis barato. Outra cousa imposta pola  UE e a  Comisión Europea.

ENDESA  enterra dous dos seus grupos de planta, xeradores de electricidade por carbón. Hoxe os alemáns seguen coas súas térmicas, e na UE constrúense   máis, en Polonia sobre 20. Francia segue coa atómica. Máis en España péchanse  as térmicas e as atómicas por argumentos “científicos” que impón a UE.  

O Global Carbon Project  financiado pola ONU publicou un informe a finais do 2019, onde se indica a orde de países de emisións CO2: primeiro China emitiu 9.838 millóns de toneladas, EUA 5.270, India 2.467, Rusia 1.639, Xapón 1.205, de sexto mundial Alemaña con 799,  e Canadá 573.  Pois ben, no que respecta a Alemaña, o 29 de agosto deste ano, a Central de carbón Heyden 4 volve funcionar así  como outras decenas máis. E que din os de Greenpeace?:  que  é un paso "amargo pero inevitable". Tócache os narices! Alemaña fai o que lle sae dos collóns! Y é “inevitable”  din os   badanas  de Greenpeace!

En España impleméntanse políticas en pesca, agricultura, gandería e enerxía  que nos fan retroceder ao século XIX. No pasado pechouse a industria “reconversión industrial”, eliminar a gandería e leite, pesca. O INI é agora propiedade dos mafiosos oligarcas europeos, etc.  E a UE  impoñen máis medidas…..

A comisión europea, os homes de negro chamábannos   PIGS, porcos,  despois de facer sumisamente  o que eles nos impuxeron desde 1986.   O mais cachondo e burlón, era o presidente do Eurogrupo Jeroen Dijsselbloem, un socialista holandés, (socialista para os holandeses, non para os españois, o que toda a vida foi un nacional-socialista), que hai  5 anos, marzo de 2017,  asegurou o moi guasón que os países do sur non poden gastar o diñeiro en "licor e mulleres” e “despois pedir axuda”. Máis teñan todas e todos  precaución coa bacteria Treponema Pallidum ou “enfermidade española”. 

Arquivo - Embarcación da frota de arrastre.. COMUNIDADE - Arquivo
Arquivo - Embarcación da frota de arrastre.. COMUNIDADE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA